Presentation is loading. Please wait.

Presentation is loading. Please wait.

Marzo 2011. I. POR QUE UNHA BANCA ÉTICA I.1 A actividade económica non é neutral. Non se desenvolve mediante mecanismos automáticos, involuntarios ou.

Similar presentations


Presentation on theme: "Marzo 2011. I. POR QUE UNHA BANCA ÉTICA I.1 A actividade económica non é neutral. Non se desenvolve mediante mecanismos automáticos, involuntarios ou."— Presentation transcript:

1 Marzo 2011

2 I. POR QUE UNHA BANCA ÉTICA I.1 A actividade económica non é neutral. Non se desenvolve mediante mecanismos automáticos, involuntarios ou inintencionais. Toda decisión económica é, en último termo, unha decisión ética, asumida desde un marco determinado de conviccións e con consecuencias que favorecen a uns e prexudican a outros.

3 I. POR QUE UNHA BANCA ÉTICA Un exemplo ilustrativo: banca e armamentismo.

4 I. POR QUE UNHA BANCA ÉTICA I.2. Que é un banco hoxe?

5 I. POR QUE UNHA BANCA ÉTICA O que era un banco

6 I. POR QUE UNHA BANCA ÉTICA Un banco na actualidade - Xestoras de fondos - Seguros - Grupo industrial - Inmobiliaria … Capital (accións) Débeda (bonos…) Aforro “clásico”: Líquido (libretas, contas) Depósitos Fondos de inversión e pensións Intermediación financeira Servizos (comisións) Depositoría Domiciliacións / remesas Tarxetas Compra directa en bolsa Xestión de carteiras Comercialización produtos bancarios de terceiros Avais e garantías Xestión de cobros … Préstamos e liñas de crédito Carteira industrial e inmobiliaria Carteira de negociación - Accións - Derivados - Divisas - Materias primas - Metais preciosos - Bonos BANCO SOCIEDADES DO GRUPO Mercados

7 I. POR QUE UNHA BANCA ÉTICA I.3. Cuestionamento ético da banca Desta complexización do sistema financeiro deriva unha serie de puntos críticos que o cuestionan integramente: 1) Destino dos cartos - Predominio de carteira de negociación (especulación) + paraísos fiscais. - Abandono do negocio tradicional (préstamo). - Financiación de proxectos non sustentables: non avaliación social e ambiental dos proxectos. - Excesivo endebedamento familiar (prácticas predatorias no crédito).

8 I. POR QUE UNHA BANCA ÉTICA 2) Exclusión bancaria - Sur: Concentración do crédito en grandes empresas e ricos. - Norte: A falta de acceso ao servizo bancario (crédito) é factor de exclusión (por exemplo dos inmigrantes).

9 I. POR QUE UNHA BANCA ÉTICA 3) Falta de transparencia - No destino das inversións (caixanegra). - Na explicación de produtos aos clientes (burbulla bursátil). - Nas comisións por servizos (cada vez máis importantes no beneficio bancario). 4) Distancia respecto do tecido social - Crecemento e desvinculación ao territorio.

10 I. POR QUE UNHA BANCA ÉTICA 5) Mal goberno - Conflictos de interese, remuneración de directivos vinculada ao valor en bolsa – stock-options…). - Intereses políticos. 6) Orixe escura do capital - Branqueo de diñeiro.

11 I. POR QUE UNHA BANCA ÉTICA I.4. Consecuencias do crecemento e complexidade - Mercados financeiros con vida propia, desvinculados da “economía real”. - Contrapoder: perda de independencia regulatoria dos gobernos (débeda externa…). Insuficiente vixiancia dos mercados. - Risco sistémico (Arxentina, Uruguai…). - Capacidade para provocar crises (tigres asiáticos, libra, México, Brasil, Rusia…). - Perda de soberanía monetaria.

12 II. QUE É A BANCA ÉTICA preguntas Ante esta realidade xorden preguntas como as seguintes: Cobre Cobre o sistema bancario actual as nosas demandas como aforradores, consumidores e inversores? Encontran Encontran as organizacións sociais e os seus usuarios resposta nas entidades financeiras tradicionais? Onde e desde que criterios Onde e desde que criterios invirten o noso diñeiro as institucións financeiras? Responden as entidades financeiras Responden as entidades financeiras ás demandas das nosas sociedades e especialmente ás que proveñen dos sectores máis desfavorecidos? Existe un modeloalternativo Existe un modelo alternativo de banca que sitúe esas demandas no centro da súa misión, visión e valores?

13 II. QUE É A BANCA ÉTICA A esas preguntas pretende dar resposta satisfactoria a Banca Ética Fronte á banca convencional a Banca Ética: - é un tipo de entidade financeira, - que combina beneficios sociais e medioambientais coa rendibilidade económica. E distínguese: - pola natureza social dos proxectos que financia, - polo filtro ético das empresas nas que invirte, - e pola transparencia das súas accións.

14 III. O PROXECTO FIARE O PROXECTO FIARE nace como unha iniciativa de banca ética cun dobre obxectivo: - Financiar actividades económicas que teñan un impacto social positivo - Financiar actividades económicas que teñan un impacto social positivo. - Ofrecer ao aforrador e inversor responsable a posibilidade de apoiar este tipo de actividades, canalizando os seus desexos de decidir conscientemente sobre o uso dos seus cartos.

15 III. O PROXECTO FIARE O proxecto está en mans daquelas persoas e entidades comprometidas coa rexeneración das nosas sociedades inxustas, porque elas saben das necesidades reais. 1) Identidade: constituída por redes cidadáns Principios básicos do proxecto Fiare

16 III. O PROXECTO FIARE Principios básicos do proxecto Fiare 2) Ao servizo da xustiza Significa apoiar empresas e proxectos: - de cooperación ao desenvolvemento. - de inserción social de persoas en situación ou risco de exclusión. - dedicadas á sostibilidade medioambiental - e de difusión de valores sociais solidarios e transformadores. prestando especial atención en poñer os recursos ao alcance das persoas máis pobres e das organizacións que traballan con e para elas, tanto no Norte coma no Sur.

17 III. O PROXECTO FIARE Ningunha persoa ou grupo que participa nas tomas de decisións se pode beneficiar persoalmente dos excedentes económicos que se puideran xerar no proceso de intermediación financeira. 3) Non lucratividade Principios básicos do proxecto Fiare

18 III. O PROXECTO FIARE Principios básicos do proxecto Fiare 4) Insuficiencia A Banca Ética (BE) chega a unha conclusión “paradoxal”: Un sistema de BE non pode facer só intermediación financeira garantida.

19 III. O PROXECTO FIARE - Transformar a orientación dos intercambios financeiros con efectos a escalas globais. - Xerar unha proposta realmente elixible “como primeira opción” (e non a menos mala) polo conxunto da cidadanía. 5) Acción significativa Principios básicos do proxecto Fiare

20 III. O PROXECTO FIARE Un instrumento bancario que estea en mans e ao servizo da cidadanía e das súas organizacións, un proxecto no que a transparencia e a participación son os seus acenos de identidade. 6) Aforro responsable, participación e transparencia Principios básicos do proxecto Fiare

21 III. O PROXECTO FIARE Estes principios concrétanse nunha práctica operativa que contempla: Unha información detallada do destino do diñeiro dos aforradores e dos custos implicados nas operacións bancarias. Unha estrutura de prezos e condicións deseñada no diálogo cos destinatarios da actividade financeira e guiada pola sinxeleza, a transparencia, a flexibilidade e a sustentabilidade económica e social. O traballo nos diferentes territorios baseado no respecto e a colaboración coas redes locais existentes. A selección como proveedores preferentes de suministros e servizos a empresas de inserción. Unha estrutura organizativa que promove a participación efectiva das personas e entidades socias e a estabilidade do proxecto. O establecemento de ratios salariais na escala de 1 a 3 na plantilla profesional de Fiare, e acordes en cuantía aos niveis salariais das entidades que promoven o proxecto FIARE.

22 III. O PROXECTO FIARE HISTORIA DO PROXECTO

23 III. O PROXECTO FIARE O punto de partida (2001) Pode pensarse nunha Banca Ética no noso medio? Primeiros pasos: posta en marcha da Fundación Fiare (2003-2004) 52 organizacións sociais vascas crean a Fundación Inversión y Ahorro Responsable. Redes doutros territorios (Navarra, Catanlunya) achéganse ao proxecto e comezan un proceso de construcción conxunta.

24 III. O PROXECTO FIARE Deseño da “Folla de Ruta” (2005) Establécense os seguintes pasos: Busca e selección dun socio europeo. Elaboración do Plan de Viabilidade da entidade. Posta en marcha da entidade (como SL), apoiándose inicialmente nun socio europeo (BpE). Modelo de construcción do proxecto sobre a base da incorporación doutras redes territoriais de todo o estado. Constitución e consolidación dunha entidade financeira autónoma.

25 III. O PROXECTO FIARE O presente (2009-2010): - Axentes de Banca Popolare Etica (FIARE SL). - Constitución da Cooperativa FIARE (26 de outubro de 2009).

26 III. O PROXECTO FIARE

27 POR QUE AXENTES DA BANCA POPOLARE ETICA? Banca Popolare Etica é un referente europeo de banca ética. Creada en 1995 é hoxe o banco por excelencia do Terceiro Sector Italiano

28 III. O PROXECTO FIARE QUE SIGNIFICA SER AXENTES DA BpE? - Nesta etapa de transición, FIARE promove produtos financeiros da BpE baixo a supervisión dos Bancos Centrais de Italia e España. produtos financeiros en sentido estricto - Trátase de produtos financeiros en sentido estricto (non son donativos, non teñen riscos e son retribuídos), coas mesmas esixencias e garantías que calquera outro. - FIARE realiza a preinstrución ética, social e económica das solicitudes de préstamos que serán aprobados por Banca Popolare Etica a proposta de FIARE.

29 III. PROXECTO FIARE PRODUTOS DE AFORRO OFERTADOS HOXE POR FIARE COMO AXENTE DA BpE.

30 Aforro 2007200820092010 Depósitos 9.584.28114.089.93721.088.74225.076.485 NUM. CLIENTES 3986451.0731.400 Obxectivo 2011: 3.750.000 Euros de incremento 375 novas libretas actividade financeira

31 2007 Crecemento OperaciónsVolume Evolución actividade: Préstamos Crédito PRÉSTAMOS VIXENTESRISCO ABERTO Número de Operacións 200912.742.5008.613.32172 201016.803.43010.419.67392 Obxectivo 2011: 8.000.000 Euros de incremento actividade financeira

32 “Unha apaixonante mobilización…” construcción territorial

33 onde está hoxe fiare un banco en mans da cidadanía 7 persoas contratadas. 6 xornadas completas (Santiago Compostela) (Vigo)

34 III. O PROXECTO FIARE Camiño actual e futuro: - Busca da integración xurídica do maior número posible de organizacións dos movementos sociais. - Constitución e consolidación dunha entidade financeira autónoma (cooperativa de crédito). - Aproximación a outras realidades de banca ética europea (La Nef, en Francia, e Banca Popolare Etica, en Italia) para a creación dunha cooperativa de crédito europea.

35 III. O PROXECTO FIARE CAMPAÑA CAPTACIÓN DE CAPITAL SOCIAL Importes mínimos: A partir de 300 euros para persoas físicas. A partir de 600 euros para entidades sociais. Aportacións bloqueadas nunha conta especial. Nominativas. En calquera momento se pode solicitar o seu retorno. En caso de que non se constitúa a Cooperativa, retórnanse.

36 III. O PROXECTO FIARE 31.12.10 2.114.000 € 252 organizacións 1.548 persoas  2009: Primeiras asembleas en cada territorial  34 Grupos Locais Obxectivo 2011: 3.100.000 Euros Obxectivo 2012: 5.000.000 Euros capital social

37 IV. INCORPORACIÓN AO PROXECTO FIARE DE REDES TERRITORIAIS O proxecto FIARE ten unha estrutura de tipo cooperativo, articulada en áreas territoriais de socios. Cada área territorial é dinamizada por redes de organizacións, que: -promoven o desenvolvemento do proxecto no territorio (recollida de capital social), -crean grupos de implantación local, -traballan na sensibilización respecto da economía solidaria.

38 IV. INCORPORACIÓN AO PROXECTO FIARE DE REDES TERRITORIAIS Compromisos que asumen as Territoriais ao integrarse no proxecto Fiare: - Crear unha Comisión de Avaliación Ético Social para as solicitudes de financiación do territorio. - Incorporarse á Xunta de Socios de Fiare, SL. - Incorporarse en Fiare, S. Coop. coa aportación de 780 Euros de Capital Social. - Asumir Compromisos de Captación de Capital Social para a Cooperativa. - Asumir compromisos de gastos de constitución e outros que vaian xurdindo (fondo perdido). - Participar nas reunións da Xunta estatal de socios.

39 IV. INCORPORACIÓN AO PROXECTO FIARE DE REDES TERRITORIAIS A Rede Fiare HOXE: Más de 600 organizacións xuridicamente vencelladas Federacións de Cooperativas Coordinadoras de ONGs Asociacións de empresas de inserción Redes de economía solidaria Vía Campesiña... 9 redes territoriais (asociacións) Unha rede sectorial (Coop57 – cooperativa de servizos) Unha estrutura estatal: Fiare, SL construcción territorial

40 IV. INCORPORACIÓN AO PROXECTO FIARE DE REDES TERRITORIAIS Territorial FIARE GALIZA O 16 de xaneiro de 2010 é cando decidimos que ademais de constituír a Asociación Fiare Galiza (Fiare GZ) tamén nos vemos ao mesmo tempo con forzas para integrarnos e participar como territorial en Fiare SL e en Fiare Sociedad Cooperativa (Fiare S. Coop.).

41 IV. INCORPORACIÓN AO PROXECTO FIARE DE REDES TERRITORIAIS FIARE GZ Como colaborar: Podemos colaborar (como persoa física e/ou persoa xurídica) de moitos xeitos, todos eles son importantes e necesarios. Son fundamentais as aportacións económicas, pero tamén son indispensables o traballo de difusión e formación, a cesión dun espazo no propio local, etc. Anímate e convértete en: Socio/a promotor/a. Socio/a colaborador/a.

42 IV. INCORPORACIÓN AO PROXECTO FIARE DE REDES TERRITORIAIS FIARE GZ Como colaborar: As persoas físicas ou xurídicas participantes subscriben un convenio de colaboración coa Banca Ética Fiare. Ser entidade ou persoa social promotora ou colaboradora posibilitará a participación democrática na futura cooperativa de crédito. As persoas xurídicas que desexen formar parte de Fiare GZ deberán reflectir nos seus estatutos fins e obxectivos que sexan acordes á visión e misión da Asociación Fiare Galiza e que non sexan contrarios aos desta.

43 IV. INCORPORACIÓN AO PROXECTO FIARE DE REDES TERRITORIAIS FIARE GZ Como colaborar como socio/a promotor/a: ● Socio/a promotor/a: contribúe co seu tempo á construción e difusión do proxecto, participando con voz e voto na toma de decisións. Achega de capital social: persoa fisica, mínimo de 300 €; persoa xurídica (asociacións, fundacións, etc.), minimo de 600 €. Achega de fondos adicionais para gastos de constitución do proxecto (fondo perdido): a partires de 30 € as persoas físicas, e de 300 € as persoas xurídicas.

44 IV. INCORPORACIÓN AO PROXECTO FIARE DE REDES TERRITORIAIS FIARE GZ Compromisos asumidos ao integrarse como socio/a promotor/a Cada socio/a promotor/a integrado/a en Fiare GZ debe compartir o ideario do proxecto nas súas finalidades e adquire o compromiso de: - solicitar a súa incorporación á Fiare GZ, - presentar a seguinte documentación: fotocopia do D.N.I (persoas físicas); fotocopia do C.I.F., escritura de constitución e poderes da entidade e D.N.I. da persoa/s representante/s (persoas xurídicas). - facer a súa achega ao capital social e a fondo perdido, - asinar o convenio de colaboración con Fiare (no caso de persoa xurídica). - acudir ás reunións, - traballar nas responsabilidades asumidas, na difusión do proxecto e dos principios da economía solidaria.

45 ● Socio/a colaborador/a: contribúe ao proxecto pero non está en disposición de asumir o compromiso de traballo do socio/a promotor/a. Achega de capital social: persoa fisica, 300 €; colectivos, 600 €; empresas e institucións públicas,1.800 €. Opcionalmente pode contribuir aportando fondos para gastos de constitución do proxecto (fondo perdido). IV. INCORPORACIÓN AO PROXECTO FIARE DE REDES TERRITORIAIS FIARE GZ Como colaborar como socio/a colaborador/a:

46 IV. INCORPORACIÓN AO PROXECTO FIARE DE REDES TERRITORIAIS FIARE GZ Pasos a seguir para integrarse como socio/a colaborador/a Cada socio/a colaborador/a integrado/a en Fiare GZ debe compartir o ideario do proxecto nas súas finalidades e adquire o compromiso de: - solicitar a súa incorporación á Fiare GZ, - presentar a seguinte documentación: fotocopia do D.N.I (persoas físicas); fotocopia do C.I.F., escritura de constitución e poderes da entidade e D.N.I. da persoa/s representante/s(persoas xurídicas). - facer a súa achega ao capital social e a fondo perdido,

47 ● As achegas de capital social deposítanse nunha conta específica xestionada por Fiare GZ. ● No momento en que se vaia constituír a cooperativa de crédito as persoas socias serán informadas de que poden recuperar os cartos se así o desexan. ● Constituída a cooperativa de crédito, as achegas convertiranse en participacións. ● Se non se chegase a constituír a cooperativa de crédito, as achegas de capital social retornaríanse ás persoas socias. IV. INCORPORACIÓN AO PROXECTO FIARE DE REDES TERRITORIAIS FIARE GZ Condicións de garantía sobre os fondos recollidos

48 Moitas grazas pola vosa atención + info: www.fiaregz.com www.proyectofiare.com fiaregz@proyectofiare.com www.fiaregz.com www.proyectofiare.com


Download ppt "Marzo 2011. I. POR QUE UNHA BANCA ÉTICA I.1 A actividade económica non é neutral. Non se desenvolve mediante mecanismos automáticos, involuntarios ou."

Similar presentations


Ads by Google