Presentation is loading. Please wait.

Presentation is loading. Please wait.

Lise Meitner Historia dunha inxustiza (1º BACHARELATO) Daniel Carvajal Alonso (1º BACHARELATO) Ciencias para o mundo contemporáneo 2008-2009 IES Otero.

Similar presentations


Presentation on theme: "Lise Meitner Historia dunha inxustiza (1º BACHARELATO) Daniel Carvajal Alonso (1º BACHARELATO) Ciencias para o mundo contemporáneo 2008-2009 IES Otero."— Presentation transcript:

1 Lise Meitner Historia dunha inxustiza (1º BACHARELATO) Daniel Carvajal Alonso (1º BACHARELATO) Ciencias para o mundo contemporáneo 2008-2009 IES Otero Pedrayo.Ourense Profesora: Carmen Cid Manzano

2 Primeiros pasos naceu en Viena no 1878 nunha familia culta de orixe xudea. Lise Meitner naceu en Viena no 1878 nunha familia culta de orixe xudea. Durante os seus estudos secundarios comezou a interesarse pola Física. Durante os seus estudos secundarios comezou a interesarse pola Física. Ingresou na Universidade de Viena no 1901, onde se doctorou no 1907. Ingresou na Universidade de Viena no 1901, onde se doctorou no 1907. Foi a segunda muller que conseguiu licenciarse en Física I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense

3 En Berlín Foi a Berlín a seguir as clases de Max Planck.Max Planck Alí coñeceu o químico Otto Hahn, con quen traballou 30 anos. Otto Hahn Planck en 1929 I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense

4 A relación persoal entre A relación persoal entre Otto e Lise Sempre se trataron de “vostede”. Sempre se trataron de “vostede”. Malia estableceren un vínculo especial, descartaron lazos máis fondos. Malia estableceren un vínculo especial, descartaron lazos máis fondos. En 1912, Otto casou cunha estudante de Arte. En 1912, Otto casou cunha estudante de Arte. Lise restoulle importancia. Nunca se comprometeu con ninguén. Lise restoulle importancia. Nunca se comprometeu con ninguén. I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense

5 Dende moi nova, Lise Meitner renunciou a unha vida persoal para dedicarse por completo á Física. I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense

6 A pesar de que na fotografía parece unha simple axudante de Otto Hahn a realidade é que ela era a que sabía de Física. “Hähnchen déixame iso a min, ti de física non tes nin idea.” I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense

7 Instituto Kaiser Wilhelm (actualmente edificio Otto Hahn) Lise, por ser muller, non puido traballar na Universidade, polo que foi a unha fundación privada, o Instituto Kaiser Wilhelm, como simple invitada (sen salario). O seu lugar de investigación era un alpendre de madeira e non podía utilizar a mesma porta que os homes nin entrar noutros lugares do centro.

8 A 1ª Guerra Mundial interrompeu as investigacións. Meitner traballou como voluntaria en hospitais e Hahn alistouse no exército. Malia estas circunstancias, escribíanse regularmente. A 1ª Guerra Mundial interrompeu as investigacións. Meitner traballou como voluntaria en hospitais e Hahn alistouse no exército. Malia estas circunstancias, escribíanse regularmente. I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense

9 Despois da Primeira Guerra Mundial Meitner volveu a Berlín e recibiu o título de profesora universitaria. Un título inútil polo momento porque, como muller, non tiña dereito a ensinar. I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense

10 O protactinio En 1918, Meitner conseguiu identificar un novo elemento radioactivo que se formaba a partir do uranio, o protactinio, de número atómico 91. Posteriormente atopáronse isótopos máis estables do protactinio en minerais naturais. É un elemento metálico que pertence ao grupo dos actínidos. Meitner asinou o descubrimento co seu nome e o de Meitner asinou o descubrimento co seu nome e o de Otto. I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense

11 En 1922 puido dar por primeira vez clases de Física e, catro anos despois, converteríase na primeira profesora da Universidade de Berlín. I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense

12 Un grupo de científicos participantes na 7ª Solvay Conference, Bruxelles (October 1933). Irène Joliot De Broglie Lise Meitner Bohr Rutherford Schrödinger Marie Curie Lise Meitner ocupou un lugar destacado no mundo da Física. I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense

13 Segundo o científico italiano Enrico Fermi, poderíanse crear novos elementos bombardeando ao uranio con neutróns. Segundo o científico italiano Enrico Fermi, poderíanse crear novos elementos bombardeando ao uranio con neutróns.Enrico FermiEnrico Fermi Novos avances demostraron que o neutrón podería servir para investigar o núcleo atómico. Enrico Fermi I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense

14 O proceso Masa atómica (nº neutróns + nº protóns) Uranio Uranio do que partimos Uranio resultante Novo elemento Nº atómico Nº atómico (nº de protóns) Neutrón de baixa velocidade Neutrón de baixa velocidade que lanzamos ao núcleo do uranio O neutrón no núcleo divídese en: protón -Un protón que queda no núcleo. electrón -Un electrón que sae disparado (partícula ß) I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense

15 Lise Meitner e Otto Hahn volvéronse xuntar en 1934 para experimentar a hipótese de Fermi. Lise Meitner e Otto Hahn volvéronse xuntar en 1934 para experimentar a hipótese de Fermi. I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense

16 En 1933, Hitler chegou ao poder. Meitner era protestante pero de ascendencia xudea, polo que foi expulsada da Universidade de Berlín, pero non dos Institutos Kaiser Wilhelm, posto que eran privados. I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense

17 Exilio En 1938, moitos científicos querían desfacerse dela porque, ao ser xudea, puña en perigo ao Instituto e encargáronlle a Hahn que a botara. Entón, el axudouna a fuxir do país, posto que se prohibira a emigración de científicos. I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense

18 A fuxida Atravesou a fronteira ata Holanda. Atravesou a fronteira ata Holanda. Chegou a Dinamarca, onde foi acollida por Bohr, para quen traballaba o seu sobriño Otto Frisch (físíco tamén como ela). Chegou a Dinamarca, onde foi acollida por Bohr, para quen traballaba o seu sobriño Otto Frisch (físíco tamén como ela). Por último, chegou a Estocolmo (Suecia). Por último, chegou a Estocolmo (Suecia). I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense

19 Lise chegou a Estocolmo en 1938 sendo acollida friamente e realizando un traballo moi por debaixo das súas posibilidades. O contacto co seu equipo de Berlín non se perdeu de todo. Hans e Meitner atopáronse en Dinamarca de xeito clandestino e decidiron proseguir a súa relación por carta. I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense

20 A partir dese intre, Lise guiaba a Hahn e o seu axudante Strassman paso a paso por correspondencia, e eles escribíanlle os resultados dos seus experimentos. I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense

21 En Suecia Meitner traballou na investigación atómica no instituto Manne Siesbahla, da Universidade de Estocolmo. En Suecia viuse discriminada, xa non pola súa orixe xudea, senón por ser muller, o que supuxo un atranco para o seu recoñecemento posterior. Universidade de Estocolmo I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense

22 Frizt Strassman Hahn escribiu unha carta a Lise e contoulle o contratempo atopado nun experimento que realizara co seu axudante Frizt Strassman. Ao bombardear un átomo de uranio cun feixe de neutróns de baixa velocidade apareceu bario e kriptón??? e unha enerxía desmesurada???? I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense

23 Unha parella convidou a Meitner e ao seu sobriño Frisch, a pasar o Nadal con eles no oeste de Suecia. Unha parella convidou a Meitner e ao seu sobriño Frisch, a pasar o Nadal con eles no oeste de Suecia. Alí puido centrarse no problema que lle xurdira a Hahn no experimento e que lle explicara na súa carta, e comentalo co seu sobriño. Otto Robert Frisch I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense

24 Decatáronse de que un dos elementos obtidos por Otto, o núcleo de bario, tiña aproximadamente a metade da masa do uranio, e suxeriron a posibilidade de que os neutróns non crearan un novo elemento, senón que fragmentaran o uranio. Diagrama da fisión dun átomo de uranio. I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense Ver animación: http://www.edumedia-sciences.com/es/a59-fision

25 Chamáronlle “fisión nuclear” a este proceso por analoxía á fisión celular. I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense Nesa época, o átomo era comparado cunha pinga de auga, así que imaxinaron que sería posible que, se unha pinga é demasiado grande, se dividise noutras dúas de menor tamaño.

26 Sacaron papel e lapis e alí se puxeron a facer cálculos. Calcularon que a enerxía necesaria para contrarrestrar a forza nuclear forte que mantén unidos ás partículas do núcleo de uranio era de 200 MeV (200 millóns de electrón-voltios). Calcularon que a enerxía necesaria para contrarrestrar a forza nuclear forte que mantén unidos ás partículas do núcleo de uranio era de 200 MeV (200 millóns de electrón-voltios). Meitner chegou á conclusión de que a suma dos núcleos resultantes da división de uranio sería, aproximadamente, 1/5 menor cá do núcleo orixinal. Meitner chegou á conclusión de que a suma dos núcleos resultantes da división de uranio sería, aproximadamente, 1/5 menor cá do núcleo orixinal. E, segundo a ecuación de Einstein, 1/5 da masa dun protón equivale a… 200 MeV. E, segundo a ecuación de Einstein, 1/5 da masa dun protón equivale a… 200 MeV. I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense

27 Os cálculos de Meitner demostraron por que non era preciso aportar enerxía para que rompese o núcleo do uranio: a enerxía estaba no seu núcleo. Pero Otto Hahn, no laboratorio só introducira neutróns no núcleo, non enerxía. O que facía o neutrón era volver inestable o núcleo de uranio, de forma que permitía que se liberase enerxía en forma de radiacións (raios gamma) e o núcleo rompía. I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense

28 O que aconteceu no laboratorio de Hahn foi o que representa a seguinte ecuación. Nesa reacción pérdense 1,660737x10 -23 gramos que se transforman en 177 MeV, aproximadamente o que calculara Meitner. O experimento segundo Lise Meitner Átomo de uranio orixinal Neutrón de baixa velocidade Átomos resultantes da fisión do uranio Neutróns liberados, que poden fisionar outros átomos (reacción en cadea). I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense

29 Lise Meitner escribiulle a Otto Hahn para contarlle o que descubrira. Hahn publicou o descubrimento da fisión sen tan sequera mencionar a Meitner. Hahn publicou o descubrimento da fisión sen tan sequera mencionar a Meitner. Retrato de Meitner e Hahn. I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense

30 Robert Frisch (o sobriño de Meitner) desenvolveu a teoría da reacción en cadea, que demostraron Szilárd e Fermi. Szilárd e Einstein eniváronlle unha carta ao presidente dos EEUU, Roosevelt, na que se advertía dos perigos que conlevaría unha reacción en cadea nunha gran masa de uranio. O resultado desta carta foi o Proxecto Manhattan que levou ao desenvolvemento da bomba atómica en 1945. I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense

31 Meitner nunca quixo intervir nese proxecto, pois dicía que a fisión nuclear só debería empregarse para fins pacíficos. En 1946, fixo unha visita aos EEUU e a prensa referiuse a ela co alcume de “nai da bomba atómica”. A bomba rematouse en 1945 I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense

32 En 1944, a Academia Sueca das Ciencias concedía o premio Nobel a Otto Hahn. Non só non fixeron ningunha mención a Meitner, senón que Hahn tentou borrala da historia. Nalgunhas entrevistas afirmaba que Meitner non fora máis que unha axudante de laboratorio (xusto o contrario do que acontecera en realidade) e, logo, mesmo fixo como que non a coñecía. Strassman, en desacordo coa actitude de Hahn, renunciou á parte do premio que lle ofrecía. O Nobel para Otto I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense

33 Meitner nunca se queixou por non conseguir o premio Nobel, se cadra porque non quería que o seu nome se relacionase á fisión nuclear, xa que rexeitara traballar co exército aliado durante a guerra na fabricación da bomba atómica. I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense

34 Lise Meitner nos últimos anos da súa vida xunto Frizt Strassman (esquerda) e Otto Hahn (dereita). I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense

35 1936 Unha muller adiantada ao seu tempo I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense

36 Que unha muller chegase a desenvolver unha carreira tan espectacular no mundo da ciencia nas primeiras décadas do século XX era un sinal inequívoco de xenialidade. I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense

37 Aínda que tarde, o mérito de Lise Meitner foi recoñecido Premio Lieben (1925). Premio Lieben (1925). Medalla Max Planck (1949). Medalla Max Planck (1949). Medalla Otto Hahn (1954). Medalla Otto Hahn (1954). Enrico Fermi Award (1966). Enrico Fermi Award (1966). En 1982, grazas ás feministas do mundo académico que se interesaron pola súa carreira, déuselle o seu nome ao elemento 109 da Táboa Periódica (meitnerio). En 1982, grazas ás feministas do mundo académico que se interesaron pola súa carreira, déuselle o seu nome ao elemento 109 da Táboa Periódica (meitnerio). I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense

38 Lise Meitner Lise Meitner morreu con 90 anos en Cambridge, Inglaterra, en 1968. Na súa tumba pódese ler: “unha física que nunca perdeu a súa humanidade”. I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense

39 FONTES DE INFORMACIÓN I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense http://www.edumedia-sciences.com/es/a59-fision http://es.wikipedia.org/wiki/Lise_Meitner http://personales.ya.com/casanchi/ref/meitner01.htm http://es.wikipedia.org/wiki/Otto_Hahn http://es.wikipedia.org/wiki/Otto_Robert_Frisch http://es.wikipedia.org/wiki/Fisi%C3%B3n_nuclear http://es.wikipedia.org/wiki/Protactinio A información Online foi obtida en febreiro do 2009

40 Libros consultados: Bodanis, D. (2002): E=mc 2. La biografía de la ecuación más famosa del mundo. Barcelona: Planeta divulgación. Bernal Martínez et al (2008): Ciencias para el Mundo contemporáneo. Aproximaciones didácticas. Madrid: Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (FECYT) En: http://www.fecyt.es/fecyt/docs/tmp/908170205.pdfhttp://www.fecyt.es/fecyt/docs/tmp/908170205.pdf FONTES DE INFORMACIÓN


Download ppt "Lise Meitner Historia dunha inxustiza (1º BACHARELATO) Daniel Carvajal Alonso (1º BACHARELATO) Ciencias para o mundo contemporáneo 2008-2009 IES Otero."

Similar presentations


Ads by Google