Presentation is loading. Please wait.

Presentation is loading. Please wait.

O PRESTIGE O EPISODIO NEGRO DOS GALEGOS Profesora: Carmen Cid Manzano LUCÍA PÉREZ COELLO (1º BACHARELATO) Ciencias para o mundo contemporáneo 2008-2009.

Similar presentations


Presentation on theme: "O PRESTIGE O EPISODIO NEGRO DOS GALEGOS Profesora: Carmen Cid Manzano LUCÍA PÉREZ COELLO (1º BACHARELATO) Ciencias para o mundo contemporáneo 2008-2009."— Presentation transcript:

1 O PRESTIGE O EPISODIO NEGRO DOS GALEGOS Profesora: Carmen Cid Manzano LUCÍA PÉREZ COELLO (1º BACHARELATO) Ciencias para o mundo contemporáneo 2008-2009 IES Otero Pedrayo. Ourense

2 O mércores, 13 de novembro de 2002, ás 15.15 horas, foi o inicio dunha das maiores catástrofes económicas, ecolóxicas e sociais ocorridas en Galicia. Ninguén se podía imaxinar que o “Prestige”, un petroleiro cargado con 76.973 toneladas de fuel, se atopaba en apuros a escasas millas da Costa da Morte.

3 CARACTERÍSTICAS DO PRESTIGE

4 O Prestige era un petroleiro monocasco construído en Xapón en 1976, de 42.820 toneladas de peso en baleiro e 243,5 metros de eslora. A UE sinala a retirada deste tipo de barcos en 2015.monocasco eslora

5 Unha directiva da Comisión Europea establece que todos os buques de risco deben someterse a unha inspección anual reforzada. Segundo a Comisión, o “Prestige” non se revisou desde 1999.

6 A RUTA DO PETROLEIRO

7 O petroleiro Prestige (con armador grego, sociedade en Liberia e bandeira de Bahamas) zarpa con destino a Venspils tras estar 4 meses amarrado en San Petersburgo (Rusia), cunha carga de fuelruso pesado. Completa a carga ata un total de 77.000 toneladas en Venspils (Letonia) Repostaxe en Kerteminde (Dinamarca) 30 OUTUBRO 2-5 NOVEMBRO 7 NOVEMBRO

8 O NAUFRAXIO

9 A 28 millas ao oeste do cabo Finisterrae ábrese unha vía de auga. Os mariñeiros aseguraron que o buque "chocou con algún obxecto que abriu unha vía de auga no casco". 13 NOVEMBRO

10 O buque escora a 25º a estribor e unha espesa mancha de combustible comeza a rodear o barco. No medio dun forte temporal, o Prestige avisa a Salvamento Marítimo e inícianse as medidas de rescate e traslado dos tripulantes (asiáticos) a Vigo e A Coruña.Salvamento Marítimo

11 Unha vez salvada a tripulación, o barco queda á deriva co capitán, o primeiro oficial e o xefe de máquinas a bordo. Helicóptero de rescate na Ría de Vigo Ás 17:30, un helicóptero rescata a 7 tripulantes e, unha hora despois, un segundo helicóptero recolle a 17.

12 Como parecía imposible mantelo a flote, o Goberno decidiu trasladalo mar adentro para reducir os danos ecolóxicos, no canto de dirixilo a un porto e transvasar alí o petróleo das súas adegas. Pensábase que os ventos e as correntes podían levar os vertidos cara ao interior do océano e que, se afundía, (como ocorreu), gran parte do combustible quedaría almacenado nos seus tanques. XOVES 14 NOVEMBRO

13 Esa mesma mañá, dous remolcadores logran arrastrar o buque desde proa a 2 nós (uns 4 km/h) de velocidade. Por se o barco parte en dous, outro remolcador colócase no costado para tirar dos restos.

14 O obxectivo do remolque é levar o barco a 120 millas da costa, onde o armador se fará cargo da reparación. O pesadelo continúa e o buque ameaza con romper en dous. O capitán para os motores. A cantidade de fuel-oil derramado supera xa as 5.000 toneladas. O lento camiño do buque cara ao mar aberto, conducido polos remolcadores, evidenciaba a súa condición de barco fantasma do que ninguén quería responsabilizarse. VENRES 15 NOVEMBRO

15 O Prestige entra na zona SAR (de salvamento) de Portugal. Xunto a el navegan os remolcadores Deda, Ría de Vigo, Aloso de Chaves e a fragata Baleares. SÁBADO 16 NOVEMBRO O estado do mar é moi malo e o barco, que está a piques de partirse en dous, deriva cara ao sur. DOMINGO 17 NOVEMBRO Novas fendiduras no casco deixan unha mancha de fuel de 5’55 Km de longo e 1’85 de ancho, a 134 km da costa. LUNS 18 NOVEMBRO

16 MARTES 19 NOVEMBRO: PARTIDO EN DOUS O barco presentaba unha fendidura de 35 metros que afectou a dous dos seus tanques de fuel. A cuberta comezou a erguerse e o martes 19, ás 8 da mañá, partiuse polo centro en dous, a uns 270 quilómetros da costa galega.

17 O GRAN AFUNDIMENTO Finalmente, afundiuse por completo en augas do Atlántico sobre as 17:30 da tarde do 19 de novembro, a uns 160 Km das Illas Cíes. A popa afúndese ás 11:45h e, 4 horas e media despois, a proa; as dúas partes sepáranse 3500 metros. Derrama outras 6.000 toneladas de fuel e vaise a pique con 67.000 t.

18 ZONAS AFECTADAS

19 LITORAL CONTAMINADO: 295 km SUPERFICIE AFECTADA: 6’5 millóns de m 2 TONELADAS DE FUEL RECOLLIDAS: 120 antes da súa chegada á costa e 120 na costa PRAIAS AFECTADAS: 90 (40 na súa totalidade)

20

21 A marea negra non foi un problema exclusivo de Galicia. A mancha de fuel esténdese por Asturias, todo o mar Cantábrico, o Parque Nacional das Illas Atlánticas (Vigo) e mesmo polas costas francesas e portuguesas. Foto vía satélite da mancha de fuel Máis do 41% de todo o litoral español foi afectado.

22 CONSECUENCIAS POLÍTICAS

23 APOSTOLOS MANGOURAS: CAPITÁN DO PRESTIGE Ao tomar terra, o capitán grego Apostolos Manguras foi detido baixo a acusación de desobediencia á autoridade e delito ecolóxico. Mangouras pasou tres meses en prisión antes de ser posto en liberdade baixo unha fianza de tres millóns de euros.

24 Foi apoiado por outros mariños e proposto como candidato a "Mariño do Ano“ en 2003 e homenaxeado por compañeiros da Mariña Mercante. Aseguran que o capitán arriscou a súa vida mentres loitaba co temporal."Mariño do Ano O capitán do Prestige pretendía fondear o barco a unhas catro millas da costa. O seu obxectivo era salvar a carga e o buque, xa que racharía se era exposto a unha ondada máis dura. Quéixanse de que o Goberno español utilizouno como “chiba expiatoria”.

25 Asociacións ecoloxistas nacionais e internacionais criticaron as medidas adoptadas, coas que se pretendeu “agochar o lixo debaixo da alfombra", mentres que o PSOE subliñou "a descoordinación e a falta de medios" do Goberno. Mariano Rajoy e o conselleiro de Pesca da Xunta, Enrique López Veiga. CRÍTICAS AO GOBERNO

26 O entón presidente do Goberno, José María Aznar, preferiu non aparecer por Galicia ata pasado un mes de que o Prestige afundise e, durante a súa visita, afirmou que non baixaba ás praias porque "non quería molestar os que limpaban".

27 Aznar delegou os labores de coordinación da crise no seu vicepresidente primeiro, Mariano Rajoy. Traballou para aclarar as responsabilidades internacionais e insistiu na particular implicación de Xibraltar. Criticado duramente pola oposición, que o acusou, sobre todo, de intentar minimizar a crise, tratou de resolver os intercambios de declaracións co PSOE cunha carta a Zapatero. Na misiva, reprocháballe que ningún dirixente socialista se puxese en contacto co Goberno para interesarse pola situación.

28 CONSECUENCIAS AMBIENTAIS

29 A MAREA NEGRA Praia de Santa Mariña, en Camelle (A Coruña), unha das zonas máis afectadas pola marea negra. Chamamos marea negra á masa oleosa que produce un vertido de hidrocarburos no medio mariño. Trátase dunha das formas de contaminación máis graves que ameaza áreas de grande interese ecolóxico e recursos naturais de importancia para o home, tales como bancos de peixes, zonas de marisqueo, áreas de interese turístico, recreativo e científico.

30 O IMPACTO ECOLÓXICO TEN EFECTOS - A longo prazo: a degradación natural dos hidrocarburos é moi lenta, polo que o fuel alcanza os sedimentos e convértese nunha fonte de contaminación continua. O fuel afecta á fisioloxía, comportamento, potencial reprodutivo e supervivencia dos organismos. Conforme se ascende nos niveis tróficos, a súa concentración aumenta alterando a dinámica do ecosistema.niveis tróficosecosistema - A curto prazo: os hidrocarburos representan un perigo para a vida debido á súa toxicidade e aos seus efectos físicos sobre o estrato (impide o intercambio gasoso entre a auga e a atmosfera e obstaculiza a penetración da luz).

31 Segundo explica WWF/Adena, a zona da traxedia é de extraordinaria riqueza, cunhas 86 especies de peixes e 11 de quenllas. Ademais, é o fogar de aves mariñas ameazadas de extinción como o arao ibérico, a gaivota tridáctila e o corvo mariño moñudo.

32 BARREIRAS DE CONTENCIÓN Instaláronse o mesmo día do naufraxio. É o primeiro e o máis axeitado método de tratamento do vertido. Consiste en confinalo na área inicialmente afectada mediante barreiras deseñadas para tal fin. LOITA CONTRA A MAREA NEGRA Os hidrocarburos tenden a manterse na superficie xa que a súa densidade é menor que a da auga. Deste modo, poderá sucionarse coa maquinaria adecuada.

33 LIMPEZA Armados con aspiradoras especiais, os servizos de limpeza, aos que se sumaron voluntarios e membros do Exército, tratan de devolver a súa antiga imaxe ás praias galegas.

34

35 DISPERSIÓN Os dispersantes químicos rompen os hidrocarburos en partículas máis pequenas. Son mesturas que conteñen tensioactivos (como os deterxentes), para reducir a tensión entre as superficies das láminas de hidrocarburo e de auga. A INCINERACIÓN Pódese eliminar ata un 95% do vertido total pero esta técnica produce, como efecto negativo, un mesto fume negro. BIODEGRADACIÓN Unhas 1.000 toneladas de hidrocarburo quedaban no pecio. Para a súa eliminación, utilizáronse microorganismos que se alimentan de petróleo.pecio O barco Polar Prince inxectou 60 toneladas de cóctel nutritivo (sales de nitróxeno, fósforo, potasio, ferro) nos tanques do Prestige para multiplicar por 10.000 a capacidade de reprodución das bacterias. O produto de desfeito das bacterias será CO 2 e H 2 O.

36 OUTROS SISTEMAS LANZADEIRA RÍXIDA/BOMBEO TAPÓNS EXPLOSIÓN SARCÓFAGO Para saber máis: http://www.elmundo.es/elmundo/2002/graficos /dic/s3/fuel.html http://www.elmundo.es/elmundo/2002/graficos /dic/s3/fuel.html

37 CONSECUENCIAS ECONÓMICAS

38 Dous mariscadores mostran o estado dos percebes no cabo de O Roncudo, a zona onde se extraían os máis afamados exemplares de toda Galicia. "Xa non abren a unlla, están medio mortos", laméntanse ao pensar o que poderían cobrar por eles. A marea negra deixou temporalmente sen traballo a unhas 4.500 persoas, entre mariscadores/as e mariñeiros/as. A Xunta anunciou unha compensación de 30 euros diarios. CRISE PESQUEIRA

39 A pesca é o segundo sector exportador de Galicia e son uns 18.000 os/as afectados/as. Outros ámbitos económicos, como o turismo, o sector conserveiro ou a construción, sufrirán tamén as repercusións do afundimento do petroleiro.

40 O sector turístico foi o segundo máis perxudicado pola marea negra. A chegada masiva de fuel durante os meses de verán a máis de 300 praias de Galicia, Asturias, Cantabria e o País Vasco supuxo a retirada de todas as bandeiras azuis.

41 Os gastos de descontaminación da costa e as demais operacións para afrontar a catástrofe natural supuxeron para o Estado un gasto superior a 1.000 millóns de dólares.

42 MOBILIZACIÓN SOCIAL

43 NUNCA MÁIS Nunca Máis é unha plataforma cidadá, creada a principios de 2003, cuxo obxectivo é evitar a repetición de desastres ecolóxicos en Galicia, o castigo dos seus responsables e a reparación dos danos. Representa a sociedade civil galega a través de máis de 200 colectivos: confrarías de mariñeiros, asociacións culturais, políticas, ecoloxistas, etc.

44 O movemento “Nunca Máis” protagonizou numerosas manifestacións e actos de protesta. Na foto, vese parte da cadea humana formada polo alumnado dun instituto de ensino secundario, nun deses actos.

45

46 O 22 de maio de 2005, «Burla Negra», un colectivo vencellado a Nunca Máis, presentou o documental «Hai que botalos». Amosa un punto de vista crítico da situación social, económica, política, cultural e laboral de Galicia. http://www.youtube.com/watch?v=VTsBRIn2YBU

47 Manifesto lido por Manuel Rivas na marcha de Santiago (01/11/2002)

48 Nunca Máis segue a manifestarse contra as inxustizas que asolan Galicia. Así, o 20 de agosto de 2006 convocaron unha multitudinaria manifestación en Santiago de Compostela contra o "terrorismo incendiario".

49 GALICIA SUFRIU 7 DOS 11 MAIORES DESASTRES MARÍTIMOS DE EUROPA Polycommander, Urquiola, Erkowit, Andros Patria, Casón, Mar Exeo.... e agora Prestige.

50

51 ÚLTIMAS NOVAS

52

53 PARA SABER MÁIS… MONOCASCO: os buques que non posúen unha dobre barreira de separación ao longo de toda a eslora de carga entre os tanques de carga e o mar, a diferenza dos máis modernos deseños de dobre casco. O uso de petroleiros monocasco ten actualmente unha data límite de utilización (principalmente na UE) debido a que son máis sensibles a sufrir danos e provocar vertidos en accidentes de colisión.

54 PARA SABER MÁIS… SALVAMENTO MARÍTIMO: España conta con 8.000 km de costas e 1.500.000 km 2 de zona de Búsqueda e Rescate no mar, asignada internacionalmente ao noso país. Salvamento Marítimo responde ás emerxencias no mar e vela permanentemente polo tráfico marítimo e pola protección do medio ambiente mariño. Nos seus 15 anos de existencia rescatou a máis de 150.000 persoas no mar, en preto de 56.000 emerxencias.

55 PARA SABER MÁIS ESLORA: é a medida que ten de longo un navío, desde a proa ata a popa. ECOSISTEMA: conxunto de organismos e os seus hábitats que interactúan entre si.

56 PARA SABER MÁIS… NIVEL TRÓFICO: cada un dos elos que compoñen unha cadea trófica. CADEA TRÓFICA: a corrente de enerxía e nutrientes que se establece entre as distintas especies dun ecosistema en relación coa súa nutrición.

57 PARA SABER MÁIS… PECIO: os restos dun barco afundido despois do naufraxio. MARIÑO DO ANO: premio outorgado polo Naval Institute de Londres e pola revista marítima Lloyds. Considerado o 'Oscar naval', concédese aos que prestaron un servizo excepcional no mar.

58 FONTES -INTERNET:.http://www.elmundo.es/especiales/2002/11/ecologia/prestige/http://www.elmundo.es/especiales/2002/11/ecologia/prestige/ http://www.elpais.com/elpaismedia/ultimahora/media/200211/17/esp ana/20021117elpepunac_1_G_SWF.swfhttp://www.elpais.com/elpaismedia/ultimahora/media/200211/17/esp ana/20021117elpepunac_1_G_SWF.swf http://es.wikipedia.org/wiki/Prestige http://es.wikipedia.org/wiki/Biodegradabilidad http://www.elpais.com/todo-sobre/tema/naufragio/Prestige/51/ http://www.elpais.com/todo-sobre/organismo/Mais/185/ http://www.lavozdegalicia.es/especiales/prestige/


Download ppt "O PRESTIGE O EPISODIO NEGRO DOS GALEGOS Profesora: Carmen Cid Manzano LUCÍA PÉREZ COELLO (1º BACHARELATO) Ciencias para o mundo contemporáneo 2008-2009."

Similar presentations


Ads by Google