Presentation is loading. Please wait.

Presentation is loading. Please wait.

23 DE ABRIL DE 2014 Os argalleiros e argalleiras das letras do IES CASTRO DA UZ compartiron a súa actividade do día do libro cos seus compañeiros e compañeiras.

Similar presentations


Presentation on theme: "23 DE ABRIL DE 2014 Os argalleiros e argalleiras das letras do IES CASTRO DA UZ compartiron a súa actividade do día do libro cos seus compañeiros e compañeiras."— Presentation transcript:

1

2 23 DE ABRIL DE 2014 Os argalleiros e argalleiras das letras do IES CASTRO DA UZ compartiron a súa actividade do día do libro cos seus compañeiros e compañeiras do IES MONCHO VALCARCE en SALAMANCA

3 LOGO DUNHA LONGA VIAXE... esperabamos descansar no acolledor hotel unhas horiñas, pero non foi así. Alguén se encargou de idear un xogo para que coñecésemos Salamanca da man dos salmantinos nada máis chegar. Só tiñamos 45 minutos para responder a todas esas preguntas que ninguén sabía. Sobrounos tempo –a algún grupo- e quedamos con algunhas “curiosidades” que fixeron “felices” as nosas profes. Non imos lembralas aquí...

4 COÑECENDO SALAMANCA 1.- Cantos e que nome reciben os pavillóns que conforman a Praza Maior de Salamanca? 2.- No Pavillón Real todos os medallóns lembran reis agás un. ¿A quen representa esta “excepción”? 3.- Investigade o significado de Petrineros e indicade seis nomes dos medallóns que adornan este pavillón. 4.- No pavillón Consistorial aparecen dúas “hornacinas” -dous ocos- na fachada principal, que albergaban anteriormente uns bustos. ¿A quen representaban? ¿ Por que agora están baleiras? 5.- Achega cinco nomes dos persoeiros que aparecen nos medallóns do Pavillón de San Martín? 6.- ¿Que deporte se practicaba nesta praza? 7.- ¿Cal é o nome do café literario máis famoso da cidade? 8.- Agora debes entrar no café, pedir -con educación- se podes facer unha foto ao lado da escultura que representa a un autor célebre e dicir o nome dese autor. SEN SAÍR DA PRAZA DEBES RECADAR INFORMACIÓN SOBRE: 9.- a rúa La latina. ¿ Por que leva ese nome? 10.- Onde se atopa e como podo ver a RA que todas as persoas que acudimos a Salamanca queremos ver? 11.- Que lenda encerra a RA de Salamanca? 12.- Poderíanos citar cinco autores ou obras literarias que inmortalizasen a cidade de Salamanca? 13.- Que non podemos deixar de visitar na súa cidade? ( Este xogo está deseñado para que coñezades a cidade desde a perspectiva dos salmantinos. Non esquezades que os 45 MINUTOS chegan para responder todas as preguntas, e o único que queremos lembrarvos é que SODES “ ARGALLEIROS E ARGALLEIRAS” E A EDUCACIÓN E SABER ESTAR VAI CON VÓS SEMPRE. Moitas grazas

5 ¿Poderían dicirnos o significado de Petrineros?

6 No Pavillón Real todos os medallóns lembran reis agás un. ¿A quen representa esta “excepción”?

7 Logo comezamos a percorrer a cidade. Coñecemos a Salamanca literaria e a artística. “Casa das Cunchas”

8 Entramos, vimos a biblioteca e subimos ata esta fermosa galería.

9 Como dicía Unamuno – sen hache- : “ LO MALO NO ES QUE VEAN LA RANA, SINO QUE NO VEN OTRA COSA”.

10 Non estaba tan difícil. Védela? Sorte para todos e todas, encontrarádela ou non.

11 Diante da fachada da Universidade e ante a estatua de Fray Luis de León lemos: “Estar en paz consigo mismo es el medio más seguro de comenzar a estarlo con los demás.” “Faltan palabras a la lengua para los sentimientos del alma.”

12 Dirixímonos á Catedral Nova e intentamos entrar na Catedral Vella, pero... a entrada era moi cara e desistimos. Agardábanos un novo reto. Seica había que buscar un astronauta.

13 DEBE ANDAR POR AÍ. Lembras cando e por que se incorporou esta figura á catedral?

14 “Es una desgracia esto de tener que servirse uno de las cosas –pensó Augusto-; tener que usarlas. El uso estropea y hasta destruye toda belleza. “ “El que viaja mucho va huyendo de cada lugar que deja y no buscando cada lugar a que llega.”

15 Chegamos ao “ Huerto de Calisto y Melibea” onde nos recibiu a escultura de Celestina.

16 e un pozo adornado con cadeados que lembraban o amor de todas as parellas que pasaran por aquí.

17 “Es un fuego escondido, una agradable llaga, un sabroso veneno, una dulce amargura, una deleitable dolencia, un alegre tormento, una dulce y fiera herida, una blanda muerte.” Celestina fala sobre o amor.

18 Continuamos ata o Tormes. “En este tiempo vino a posar al mesón un ciego, el cual, pareciéndole que yo serviría para guiarle, me pidió a mi madre, y ella me entrego a él, diciéndole que era hijo de buen hombre, el cual, por ensalzar la fe, había muerto en la batalla de los Gelves”.

19 E chegamos xunto a escultura de Carmen Martín Gaite. “Y no olvides una cosa- le dijo Miss Lunatic-. No hay que mirar nunca para atrás. En todo puede surgir una aventura. Pero ante las ansias de la nueva aventura hay como un miedo por abandonar lo anterior. Plántale cara a ese miedo.” E recordamos unha frase célebre da autora. “La libertad es para soñarla.”

20 E seguiamos sen descansar. Era noite e nós continuabamos...

21 Abraiados e abraiadas

22 Xuntiños e xuntiñas

23 Ata rematar este primeiro día en Salamanca.

24 ARGALLEIROS E ARGALLEIRAS DAS LETRAS IES CASTRO DA UZ SALAMANCA,23 DE ABRIL 2014 MÚSICA Paul Glot, Soul Simplicity


Download ppt "23 DE ABRIL DE 2014 Os argalleiros e argalleiras das letras do IES CASTRO DA UZ compartiron a súa actividade do día do libro cos seus compañeiros e compañeiras."

Similar presentations


Ads by Google